Massachusett Massachusee unnontꝏwaonk (Muhsachuweesee unôtuwâôk) | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /məhsatʃəw[iː]see ənãtuwaːãk/[1] Wôpanâôtuwâôk /wãpanaːãˈtuwaːãk/[2] | |
Falado en: | ![]() | |
Rexións: | Leste de Massachusetts, sueste de New Hampshire, e norte e sueste de Rhode Island[3][4] | |
Extinción: | Extinta a finais do século XIX.[5] | |
Familia: | Álxico Algonquino Algonquino oriental Algonquino do sur de Nova Inglaterra Massachusett | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | wam
| |
Mapa | ||
![]() Localización da tribo massachusett/wampanoag e os seus veciños c. 1600. | ||
Status | ||
![]() |
A lingua massachusett é unha lingua algonquina da familia de linguas álxicas, antigamente falada por varios pobos da costa leste e sueste de Massachusetts, entre eles o pobo massachusett, o wampanoag), o pawtucket (naumkeag e agawam), o nauset e o coweset. Os pobos algonquinos veciños falábana como segunda lingua.[7] Na súa forma revivida, fálase en catro comunidades do pobo wampanoag. A lingua tamén é coñecida como natick ou wôpanâak (wampanoag), e historicamente como pokanoket, indio ou nonantum.[8]